Deporte en Soandres
As nosas disciplinas
Da galería de aire ao foso de prato, descubre que distingue cada disciplina que practicamos no club.

Aire comprimido a 10 metros
Na nosa liga social compítese con pistola ou carabina de aire. En precisión, cada impacto vale máis canto máis preto queda do centro da diana. Con pistola tamén hai series cronometradas de aire estándar e probas de velocidade con brancos abatibles.

Pistola a 25 metros
Na pistola estándar compítese en series de distinta duración. Fogo central, pistola deportiva e pistola de 9 mm combinan unha fase de precisión con outra de tiro rápido. Na pistola de velocidade hai cinco dianas para cada serie.
Avancarga histórica
As tiradas de avancarga recuperan a tradición deportiva das armas históricas. Compítese en precisión con pezas orixinais ou réplicas de época.

Percorridos de tiro (IPSC)
Cada percorrido presenta un escenario distinto. A clasificación ten en conta tanto os puntos obtidos nos brancos como o tempo empregado en completar o percorrido.
Action Air (AIPSC)
É a modalidade de percorridos con réplicas deportivas de airsoft e pequenas bólas de plástico. Como no IPSC, contan a precisión e o tempo.

Tiro ao prato
O obxectivo é romper os pratos en voo. En foso olímpico, foso universal e minifoso lánzanse de un en un. O que cambia é o número de máquinas e as traxectorias posibles. En dobre trap saen dous pratos á vez.
